O atleta da Ximnástica de Pontevedra, Marc Tur, compite no Campionato Iberoamericano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

O sábado ás dúas menos dez da tarde, darase a saída á proba de 20 km. marcha do Campionato Iberoamericano de atletismo, que se está celebrando en Sao Paolo e coa presenza, competindo coa camiseta de España, do atleta da Sociedade Ximnástica, Marc Tur.

Serán soamente 10 atletas os que tomen o saída pero nunha proba de gran nivel, xa que sete deles, incluído Marc, estiveron na pasado Copa do Mundo de Taicang, de fai tres meses.

A destacar a presenza do brasileiro Caio Oliveira, que fixo un rexistro en Taicang de 1h20.28; o mejicano, Julio César Salazar, con 1h21.58, tamén pode loitar polas medallas; sen esquecernos do Arxentino, Juan Manuel Cano, con 1h22.18 e o propio Marc Tur que con 1h22.46 pode estar preto do podio.

O record do campionato posúeo o mexicano, Daniel García, na edición de 1994, con 1h21.20. Será difícil de bater xa que a forte calor fará que os atletas non se empreguen a fondo desde o principio.

Tras a Copa do Mundo, esta é a segunda presenza de Marc, coa selección absoluta, xa competiu nas categorías inferiores con España, polo que ten bastante experiencia nestas lides, ademais é un atleta novo que aínda ten moito futuro por diante.

OS RIVAIS

O brasileiro, Caio Oliveira. 16º na Copa do Mundo, con 1h20.28 O mexicano, Julio César Salazar. 31º na Copa do Mundo, con 1h21.58 O arxentino, Juan Manuel Cano, non estivo na Copa do Mundo pero este ano ten de marca 1h22.18 Marc Tur, 42º na Copa do Mundo, con 1h22.46 O colombiano, James Rendon, atesoura unha marca de 1h22.54, hai dous anos.

O colombiano, Iván Garrido, 58º na Copa do Mundo, con 1h23.58 O venezolano, Richard Vargas, capaz de marchar en 1h24.00 O chileno, Yerko Araya, descualificado na Copa do mundo, este ano ten de marca 1h24.13 O brasileiro, Moacir Zimmermann. 78 º na Copa do Mundo, con 1h27.16 O costa ricense, Gabriel Calvo, 87 º na Copa do Mundo, con 1h29.21

1 de agosto de 2014 | 12:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.