O alcalde de Santiago reúnese cos representantes veciñais da Rocha

Agustín Hernández na reunión cos representantes veciñais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reuniuse esta mañá cos integrantes da Asociación de Veciños Serafín Zas, do barrio da Rocha. Agustín Hernández continuou así coa rolda de contactos coas diferentes asociacións veciñais, grazas ás cales quere coñecer de primeira man as principais demandas dos barrios e parroquias de Compostela. No encontro tamén participaron os concelleiros José María Rosende e Luis Meijide.











