O alcalde de Ferrol reúnese coa Fundación Marqués de Amboage

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Reunión de traballo entre rexedor e fundación

Reunión de traballo entre rexedor e fundación

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, reuniuse esta mañá na Sala de Alcaldes do Pazo Municipal coa Fundación Marqués de Amboage para ultimar os preparativos do Día de San Ramón. Os representantes do dito organismo tamén aproveitaron o encontro de hoxe para comunicar ao rexedor municipal o nome das entidades sociais da cidade que recibirán como donativo os fondos recadados pola Fundación.

A Cociña Económica, Cáritas Diocesana Mondoñedo-Ferrol, o Refuxio Pardo do Atín e as Esclavas serán as institucións que reciban esta achega económica da Fundación Marqués de Amboage para contribuír a axuda aos colectivos máis desfavorecidos da cidade.

26 de agosto de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.