publicidade hoxe

O alcalde de Alxeciras será o pregoneiro da XXVI Festa do Pan de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNeda
A-
A+
Entrega da insignia da cidade de Alxeciras a Ignacio Cabezón

Entrega da insignia da cidade de Alxeciras a Ignacio Cabezón

José Ignacio Landaluce, alcalde de Alxeciras, será o próximo pregoneiro da XXVI Festa do Pan de Neda. O rexidor andaluz da cidade irmandada coa real vila aceptou a invitación realizada polo seu homólogo galego, Ignacio Cabezón Lorenzo, aproveitando unha viaxe que este último realizou con carácter privado a semana pasada a Alxeciras.

No seu transcurso, Cabezón Lorenzo, xunto á concelleira de Turismo, Montse Rico, foi recibido no consistorio andaluz polo alcalde de Alxeciras e tamén polo anterior primeiro edil, Francisco Esteban, ao fronte da corporación andaluza no momento no que se levou a cabo o irmanamento entre ambas localidades.

Na recepción, celebrada o pasado venres, José Ignacio Landaluce entregou a Ignacio Cabezón a insignia da cidade de Alxeciras, namentras que este lle fixo entrega dunha réplica da Torre do Reloxo e aproveitou a ocasión para cursar a citada invitación para que actuase como pregoneiro na Festa do Pan, de Interese Turístico de Galicia e que terá lugar o próximo 7 de setembro no paseo marítimo de Xubia.

26 de agosto de 2014 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.