O 15 de agosto abrirá a praza de abastos e haberá mercado en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello permitirá que a Praza de Abastos e o mercado ambulante do sábado, 16 de agosto, festividade local de San Roque, se celebre o día anterior. A medida foi solicitada polo colectivo de praceiros e ambulantes e o goberno local lle dou o seu beneplácito despois de consultar coa Dirección Xeral de Comercio.

Aínda que a solicitude inicial presentada ante a Mesa do Comercio Local referíase a apertura da Praza de Abastos exclusivamente, agora ampliouse a petición para celebrar tamén o mercado. O procedemento habitual cando un festivo cae en martes ou sábado é que a actividade se adiante á xornada anterior. Non obstante, o 15 de agosto é tamén festivo de carácter nacional, de aí as dúbidas que se presentaron e que a concelleira de Mercados resolveu consultando coa Dirección Xeral de Comercio, que non veu inconveniente se o Concello o autorizaba.

Os praceiros e ambulantes comunicaron ao goberno que todo o sector estaba de acordo coa proposta, razón pola cal O Concello decidiu autorizar a actividade o venres 15 de agosto, tendo en conta o efecto de atracción de xente á cidade que esta actividade poder ter ao ser festivo en toda a zona e os consecuentes beneficios para a actividade comercial e hostaleira.

1 de agosto de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.