publicidade hoxe

Nova fase de investigación no xacemento de Armea en Allariz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllariz
A-
A+

A principios de setembro comeza unha nova fase de investigación no xacemento de Armea en Santa Mariña de Augas Santas (Allariz).

Con este motivo e ante o interese de veciños e veciñas por participar na escavación, o Concello de Allariz abre un prazo, ata o 2 de setembro, para presentar propostas de colaboración que serán estudadas nos vindeiros días.

Para participar é preciso presentar unha instancia nas oficinas do Concello de Allariz.

26 de agosto de 2014 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.