Nova edición da Feira de mostras de produtos locais de Bande
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, participou no acto de inauguración da XVIII Feira de mostras de produtos locais que tivo lugar este mediodía na Praza da Constitución deste municipio. Un total de corenta expositores participan nesta feira que ten como obxectivo a potenciación de produtos locais cunha especial atención ao sector artesanal e gastronómico.