publicidade hoxe

Neda celebra con grandes orquestras e actividades para nenos as súas festas patronais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioNeda
A-
A+

Neda celebrará en setembro as súas Festas Patronais na honra de Santa María. E faráo cun completo programa no que as mellores orquestras do panorama galego terán todo o protagonismo, así como as actividades para os máis pequenos da casa. O Concello colabora cunha comisión integrada por Marcos Pereira Leal –que leva 12 anos na organización dos festexos– e Juan Domínguez –neste caso, 7 anos-.

Ambos tentaron deseñar un cartel do máis atractivo para os veciños e veciñas e, ao mesmo tempo, contextualizalo no contexto de crise. Deste xeito, as Festas Patronais terán de novo como escenario o adro da igrexa de Santa María entre o luns, 8 de setembro, e o mércores, 10. O día 8, a xornada iniciaráse ás 9 horas con 21 bombas de palenque, aviso pirotécnico que inaugura o programa. Ás 12,30 h, celebraráse a función relixiosa na honra da patrona, con procesión posterior acompañada da banda de música. De seguido, fogos de artificio a cargo de Manuel Millarengo, precedentes á sesión vermut coa orquesta Xente Nova. Formación que, xa ás 22 horas, amenizará xunto á orquesta Gran Parada, a verbena do primeiro día.

O martes, 9 de setembro, repetiráse o mesmo esquema pola mañá, aínda que nesta ocasión, a función relixiosa celebraráse na honra da Virxe do Carmen. Ademáis, a sesión vermut contará coa orquesta Fania Blanco Show, que tamén repetirá á noite. Neste caso, compartirá escenario coa orquesta Panamá. Por último, o mércores 10 está reservado para os máis pequenos da casa, cunha gran festa infantil dende das 17horas, na que as atraccións terán prezos reducidos e a Granja Escuela Belelle, que colabora cos festexos, ofrecerá paseos en poni a nenos e nenas.

27 de agosto de 2014 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.