publicidade hoxe

Neda abre o prazo para solicitar axudas para libros, material escolar e transporte universitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda anunciou esta mañá a apertura do prazo para solicitar as axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar, así como as subvencións para o transporte universitario ou para ciclos de Formación Profesional. As persoas interesadas en participar na convocatoria deben formalizar a súa petición nas oficinas municipais (casa consistorial, Avda. de Alxeciras, 34) en horario de 9 a 14 de luns a venres. O prazo rematará o vindeiro 15 de setembro.

O Concello destinará 6.000 euros ás dúas liñas de axudas e explica que é requisito imprescindible para optar ás mesmas estar empadroado no municipio. Así mesmo, o importe das achegas virá determinado polos recursos económicos dos demandantes. Dende o Concello se informa de que para calquer dúbida en torno ás convocatorias as persoas interesadas teñen á súa disposición os números de teléfono 981 38 02 22 e 981 38 00 39.

26 de agosto de 2014 | 13:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.