Multiplícanse as carreiras populares e comezas as millas no último fin de semana de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Os atletas da Sociedade Ximnástica aos poucos van retornando aos seus adestramentos e a recado que este fin de semana participarán nalgunha carreira popular.

O sábado xúntase a maioría delas, Noia, Ribadeo e Cangas son os pratos fortes.

En Noia haberá unha carreira nocturna que comezará ás dez da noite, cunha distancia de 8 quilómetros, seguramente teremos aquí aos principais atletas da Ximnástica. Lembrar que o ano pasado Robertas Geralavicius, foi quinto e Rubén Diz, sexto.

Pola tarde en Ribadeo celébrase a sétima edición da súa carreira popular.

Desde as cinco da tarde, comezarán as carreiras da Milla Urbana Festas do Cristo de Cangas, na súa primeira edición. Será a primeira do amplo calendario de millas e ruta que se celebran durante o mes de setembro.

29 de agosto de 2014 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.