Monforte acolle o XV Festival de Habaneras na Praza de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

O XV Festival de Habaneras, organizado e patrocinado pola delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, terá lugar o sábado 30 de agosto na Praza de España a partir das 21:00 h.

A Coral Villa Blanca de Luarca creouse no ano 1985, sendo no seu inicio un coro de voces graves. Ó ano seguinte pasa a ser un coro de voces mixtas.

Na actualidade a coral está composta por unhas corenta voces mixtas sendo o seu director Pablo Camblor García e o seu presidente José Mª Fernández García.

O repertorio está composto por música tanto Sacra como Profana, abarcando obras do Renacemento, Barroco, Clasicismo, Romanticismo, Música Latinoamericana, Popular de diferentes Comunidades Autónomas e Asturiana.

Actúa no ano 1992 no Centro Asturiano de Madrid onde é distinguida coa Madreña de Prata. Intervén en distintos Encontros e Certames Corais realizados en Portugal, Galicia, Cantabria, País Vasco, Castela e León, Madrid…

Na conmemoración dos seus 25 anos grava un CD con diversos temas populares de polifonía asturiana. En Monforte interpretarán:

LA REINA DEL PLACER  Rec. Montsalvatge-.Arm: Alain Langrée

FLOR TROPICAL  F. A.  Rey Rivero

LA VIEJA HABANA R.M.  Tarruelas. Arm. G. Casielles

ROSINA Arm. Gonzalo Casielles

SUEÑOS Texto y música: Gonzalo González Cobas

A Coral Polifónica de Ribadeo foi fundada en 1955, o que a converte na decana da provincia de Lugo. No ano 2005 a Polifónica de Ribadeo celebrou o seu 50º aniversario e recibíu a “Medalla de Ouro de Ribadeo”. Ademais, a Asociación de Radio e Televisión de Lugo concedeulle, no mes de setembro de 2005, o premio “Lucense do ano”. Desde o mesmo día da súa presentación estivo dirixida por D. Carlos Álvarez Fernández-Cid, ata 1984, ano do seu falecemento. A partir desa data a dirección atópase baixo a batuta de Dª María del Carmen Rodríguez Cancelo, mestra e profesora de piano titulada polo Real Conservatorio de Música de Madrid.

A Coral conta cun amplo repertorio no que se inclúen obras clásicas, relixiosas e populares, tanto españolas como doutros países, especialmente iberoamericanos. Na actualidade conta cunhas 50 voces mixtas que reflicten, polas súas idades, a tradición, o presente e o futuro. Interpretarán no Festival:

CONTOS DO MAR (habanera)  Prudencio Romo

HUELLAS EN LA ARENA  (Habanera)  Gádor Enríquez

ALMA, CORAZÓN Y VIDA  (Vals criollo) J. Ezkurra

EL MANISERO Moisés Simons                                                                                

YO TE DIRÉ (Habanera ) J. Halpern

A Coral Polifónica de Monforte, fundouse en marzo de 1996, está composta por corenta e cinco voces mixtas e o seu repertorio inclúe Música Sacra, Popular Galega, Panxoliñas, Habaneras, etc.

Ten no seu haber numerosas actuacións, tanto na propia cidade como noutras localidades de Galicia, Asturias e Zamora, destacando como actuacións de máis prestixio as celebradas en Martigni (Suíza), Rennes (Francia), Nuoro (Sardeña), Horsens (Dinamarca), Bolzano e Padua (Italia) e en Gotha (Alemaña).

No ano 1999 gravou o seu primeiro CD de polifonía variada.

A dirección da coral corre a cargo de Fernando Sanmartino Pérez. Baixo a súa batuta interpretarán:

A TU LADO Javier Bustos e Antón Mena

AGÜITA DEL RIO Popular sudamericana

HABANERA (da zarzuela de don Gil de Alcalá) M. Penella

ALMA LLANERA Pedro Elías Gutiérrez

As corais participantes interpretarán conxuntamente:

PALOMA MENSAJERA  J. Ruiz Gasch

O VOSO GALO COMADRE   Popular Galega

27 de agosto de 2014 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.