Moncho Fernández: “Necesitamos toda a axuda da nosa xente desde o principio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus arrincará a tempada 2014-15 da liga Endesa na súa propia cancha, o pavillón Fontes do Sar, enfrontándose ao Bruixa D’or Manresa o día 4 de outubro. O punto oposto do calendario, a última xornada, será tamén en casa (xornada 34, 23-24 de maio) ante o Laboral Kutxa Baskonia.

O técnio do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, opinou así sobre o calendario da liga Endesa, que se deu a coñecer hoxe: “Non son partidario de facer valoracións demasiado profundas a dous meses do inicio da competición e máis cando as plantillas dos equipos aínda non finalizaron o seu período de construción. A liga Endesa é moi complexa, por tanto sexa quen sexa o rival será difícil e esixirá de nós o mellor. Con esta intención tentaremos chegar no mellor estado posible ao comezo de tempada, para poder afrontar a competición coas mellores garantías posibles. Necesitamos a axuda de toda a nosa xente desde o principio”. 

Tras o inicio en casa, o segundo encontro para o club será en Gran Canaria (xornada 2, 11-12 de outubro), seguido polo recibimento no Fontes do Sar do Gipuzkoa Basket (xornada 3, 18-19 de outubro) e a visita ao Fiatc Joventut en Badalona (xornada 4, 25-26 de outubro).

Os de Moncho Fernández, ademais, despedirán o ano 2014 contra o FC Barcelona no Multiusos Fontes do Sar, partido correspondente á xornada 14, xusto despois de visitar ao Real Madrid na xornada 12, xa que o número 13, disputada o 27 e 28 de decembro, será a de descanso para o equipo santiagués. O 2015, pola súa banda, comezará co club viaxando a terras malagueñas para enfrontarse ao Unicaja de Málaga (xornada 15, 3-4 de xaneiro) para recibir posteriormente ao ascendido Morabanc Andorra na xornada 16 (10-11 de xaneiro).

Outro dos puntos crave do calendario para esta tempada son as datas da Copa do Rei que se disputará no Gran Canaria Area do 19 ao 22 de febreiro do 2015, antes da cal a expedición obradoirista visitará ao Iberostar Tenerife (xornada 21, 14-15 de febreiro). Á finalización da mesma, o Rio Natura Monbus Obradoiro deberá xogar contra o Fiatc Joventut na capital galega (xornada 22, 28 de febreiro-1 de marzo).

As vacacións de Semana Santa tamén estarán cheas de baloncesto, inaugurándose co Rio Natura Monbus Obradoiro xogando en casa contra o CAI Zaragoza (xornada 26, 28-29 de marzo) e clausurándose coa visita ao Baloncesto Sevilla en San Pablo (xornada 27, 4-5 de abril).

A recta final da fase regular da liga Endesa comezará coa visita a Sar do Tuenti Móbil Estudantes (xornada 30, 25-26 de abril), a viaxe ao Palacio dos Deportes na capital para enfrontarse ao Real Madrid (xornada 31, 2-3 de maio), a chegada a Santiago do Unicaja (xornada 32, 9-10 de maio) e a última viaxe do equipo, que será a Andorra (xornada 33, 16-17 de maio), antes de recibir ao Laboral Kutxa Baskonia como despedida da liga en fronte dos afeccionados do conxunto galego.

4 de agosto de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.