Miño festexará este domingo a Romaría de San Ramón
O lugar de Brá, en Sombreu, celebrará o 31 de agosto a tradicional Romaría na honra de San Ramón. O momento máis esperado é a coñecida como “posta do santo”, da que cada ano se encarga un veciño que debe recitar a letania tradicional, que se transmite de pais a fillos. A misa en honra de San Ramón oficiarase á unha da tarde, e a continuación, farase a posta do santo.
Tras os actos relixiosos, haberá fogos de artificio e dará comezo a sesión vemú e a comida campestre. Xa pola tarde, os grupos Maracuyá e Charanga NBA encargaranse de pór a nota musical ao encontro e de facer bailar aos romeiros.











