Mimi e Nacho Peraza xa son reforzo do novo Azkar Lugo FS

Presentación de Mimi e Nacho
Na tarde de hoxe foron presentadas as dúas novas incorporacións para esta nova tempada: os madrileños Mimi (33 anos) e Nacho Pedraza (30 anos), acompañados do presidente do club Manuel Vázquez.
O primeiro deles, Mimi, empeza a súa segunda etapa en Azkar Lugo FS no que estivo 5 anos (2006 a 2011) procede do Burela Peixes Rubén no que militou as dúas últimas tempadas procedente de Xota Navarra. Agora volve ao noso club para apontoar a zona defensiva.
Nacho Pedraza pola súa banda procede do Sporting de Paris francés, pero posúe unha ampla experiencia en Primeira División (Burela, Puertollano, Carnicer e Guadalajara). O ala zurdo asegura ao club unha referencia ofensiva.
Declaracións:
Manuel Vázquez :
– “Pedraza é un xogador que pode ter un protagonismo importante que ten que asumir esa responsabilidade”.
– “Mimi temos claro o que nos vai a dar, é unha referencia importante para o grupo sobre todo para os máis novos”.
– “Empeza un novo ciclo que durará entre 3-4 anos e queremos que permita seguir facendo crecer á entidade e aos xogadores”.
Mimi:
– “Estou contento de empezar outra etapa moi diferente ás anteriores”.
– “Sorprendeume o primeiro ano como actuaran na liga (en referencia á tempada 2011/12) para ben e os seguintes anos foi o desenvolvemento e creo que agora teñen moita máis formación”.
– “O traballo que está facendo o club é complicado pola situación pero vai en bo camiño”
Nacho Pedraza:
– “Veño con moitas ganas e moita ilusión, veño traballar e aportar experiencia e sobre todo axudar aos rapaces”.
– “Temos un equipo moi novo, seguramente o máis novo da categoría. O grupo humano é bastante bo e san, fixeron as cousas ben e temos que seguir esa liña para que os rapaces dean un paso adiante? ; “A competición diranos onde estamos”.











