Menos obxectos dos previstos permitiron prescindir da barcaza para extraer refugallos do Lérez
Os traballos de limpeza de obxectos no río Lérez rematarán hoxe sen que fose necesario utilizar a barcaza que estaba previsto se fose necesario, xa que os elementos atopados non o fixeron necesario. Foi suficiente co apoio que lles prestaron os camións das empresas concesionarias do servizo de limpeza, dotados con guindastres.
Aínda que mañá se realizará un balance máis acaído do extraído, os buzos notaron que os obxectos atopábanse máis nas beiras que no leito central do río, e máis na zona das Xunqueiras que na marxe que dá á cidade. Tamén aproveitaron para retirar algúns obxectos na zona do río dos Gafos.











