Meis contará con 60.500 euros para a pavimentación do interior do recinto da feira do Mosteiro
O Concello de Meis disporá de 60.413,65 euros para pavimentar o interior do recinto da feira do Mosteiro.
A Deputación de Pontevedra acordou conceder esta subvención no marco do Plan de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais co obxecto de completar o acondicionamento deste recinto, que acaba de ser renovado.
Trátase dun espazo de 5.665 m2 no que se realizan numerosas actividades ó longo do ano e que é xa un referente de actividade social, cultural e económica no concello.
As obras consistirán na limpeza e varrido da superficie para preparar o terreo para a súa pavimentación, cunha capa de aglomerado en quente e rego de adherencia.
Unha vez concedida a axuda o Concello será o responsable da tramitación e a execución das obras.