publicidade hoxe

Medio Ambiente elimina un punto de contaminación en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnotaLocal Portada
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de verificar o arranxo dun punto de vertedura de carácter contaminante no Concello de Carnota. O foco foi detectado polo persoal inspector do Plan de Control de Vertidos (PCV), dependente de Augas de Galicia, no transcurso das inspeccións no municipio coruñés.

Concretamente, as emisión detectáronse nun ramal para a recollida de augas pluviais existente no sitio de Canedo, como consecuencia dunha acometida irregular procedente de diversas vivendas do lugar.

Dende Augas de Galicia, déuselle traslado da problemática detectada ao Concello de Carnota, co fin de que adoitase as medidas pertinentes para a emenda da contaminación asociada ao punto de vertedura.

Por parte do executivo local, remitiron notificación aos veciños do lugar, instándoselles a corrixir as deficiencias existentes en cada caso, mediante a retirada das acometidas do colector de pluviais.

Nunha visita de comprobación levada a cabo recentemente na zona, quedou probado o cese das emisións contaminantes a través do punto de vertido, que na actualidade desauga exclusivamente augas pluviais libres de contaminación.

11 de agosto de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.