Maxi Kleber, Adam Waczynski e Pavel Pumprla logran a clasificación para o Europeo 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O tres xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro, Maxi Kleber, Adam Waczynski e Pavel Pumprla, lograron a clasificación coas súas respectivas seleccións para disputar o próximo verán o Europeo 2015.

No grupo C, a Polonia de Adam Waczynski obtivo a primeira praza do grupo tras vencer na última xornada a Austria, unha selección que aínda tiña opcións para clasificarse. O partido necesitou dunha prórroga, na que o equipo polaco logrou levar o encontro por 90 a 85, con 19 puntos, 3 rebotes e 2 asistencias de Adam en 35 minutos. O novo beirado do Rio Natura Monbus Obradoiro disputou unha media de 26,7 minutos nos 6 partidos e anotou 14 puntos, con 2,5 triplos por encontro.

O á- pivote alemán Maxi Kleber tamén logrou o billete clasificatorio para o Europeo do próximo ano tras vencer comodamente a Luxemburgo por 66 a 118 a domicilio, na última xornada do grupo C. Maxi xogou 21 minutos, nos que conseguiu 12 puntos, 9 rebotes, 3 recuperacións e 2 tapóns. O conxunto alemán logrou ser unha das seis mellores segundas seleccións e Kleber terminou este Preeuropeo cunhas medias de 11,8 puntos, 6,8 rebotes e 1,4 tapóns por encontro.

No grupo E, a República Checa de Pavel Pumprla estivo contra as cordas despois de perder por 83-68 en Hungría, pero finalmente logrou a clasificación nun triplo empate no que se clasifican Xeorxia como primeira de grupo e a República Checa como segunda. Pavel xogou 35 minutos, nos que anotou 9 puntos e capturou 6 rebotes. O renovado beirado do Rio Natura Monbus Obradoiro terminou este Europeo con 9,7 puntos e 6,5 rebotes en 29, 8 minutos por encontro, brillando do mesmo xeito que os seus outros dous compañeiros. Os tres poranse ás ordes de Moncho Fernández a próxima semana.

29 de agosto de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.