Marc Tur acada unha medalla de prata para España no Campionato Iberoamericano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

Magnífico resultado o conseguido polo atleta da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, Marc Tur cunha medalla de prata na proba de 20 km. marcha do Campionato Iberoamericano, que se está celebrando na cidade brasileira de Sao Paolo.

Con 1 hora 23 minutos e 22 segundos, o atleta pontevedrés soubo aguantar o ritmo dos seus rivais, manténdose no grupo de cabeza os 15 primeiros quilómetros; a partir de aí o colombiano Iván Garrido impuxo unha frecuencia de 4 minutos o quilómetro que ninguén foi capaz de seguir. Aínda que xa tiña fóra do seu alcance o ouro, Marc continuou pola pelexa polo pódium conseguindo entrar en meta nesa estupenda segunda posición.

Marc consegue con este resultado pecha unha tempada magnífica ao sumar a súa primeira medalla internacional nun Campionato absoluto.

3 de agosto de 2014 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.