‘Máis Mar Marín’ regresa a Aguete e Loira tras o éxito en Portocelo e Mogor
O programa ‘Máis Mar Marín’, promovido polo Concello de Marín, regresa este venres cargado de horas de diversión nas praias de Aguete e Loira. Será a segunda quenda de actividades despois do rotundo éxito nos areais de Portocelo e Mogor, que durante a última semana de xullo enchéronse de asistentes.
Desde o xoves 14 até o domingo 17 de agosto a praia de Aguete será a protagonista na vila marinense. Un dos epicentros da vela en Galicia recibirá a habitantes locais e turistas que, acompañados polo bo tempo que se espera, deleitaranse coas atraccións situadas no mar e sobre a area. A continuación será o areal de Loira, entre o martes 19 e o venres 22, o que centre as actividades.
A gran novidade desta segunda quenda do ‘Máis Mar Marín’ serán as dúas master-class de ioga tibetano impartidas pola Escola Internacional de Ioga Tibetano e Meditación. Terán lugar o 16 de agosto en Aguete e o 19 de agosto en Loira.
O horario será de 11 a 14 horas e de 15,30 a 20 horas.
Éxito en Portocelo e Mogor
Os areais de Portocelo e Mogor acolleron con nota sobresaliente a primeira quenda do ‘Máis Mar Marín’, con cifra marca de participantes.
En total, ao redor de 17.000 persoas pasaron durante doce polas decenas de actvidades organizadas. Sen dúbida, as máis concorridas foron as que tiveron lugar na auga, sobre todo a de kaiak, que día tras día superaba o centenar de inscritos.
A mellora con respecto á pasada edición e a potenciación do programa axudou a aumentar nunha gran porcentaxe a cifra de asistentes.











