Máis de 140 futbolistas danse cita no torneo de fútbol sala de Nigrán
Máis de 140 futbolistas de Nigrán e a área metropolitana danse cita no III Torneo de Fútbol sala Concello de Nigrán, que se disputa desde hoxe e até o vindeiro sábado no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón, en horario de 21.00 a 2.00 horas. Os doce clubs participantes loitarán por disputar a gran final deste encontro deportivo que un ano máis se consolida en Nigrán, que se celebrará o sábado 9 de agosto.











