Lucas Bolo e ‘El Gallego’ son presentados como xogadores do Santiago Futsal

Presentación de Lucas Bolo e "El Gallego"

Presentación de Lucas Bolo e “El Gallego”

Esta mañá tivo lugar a presentación na Cafetaría Milonga’s de Lucas Bolo e Juan ‘El Gallego’ Rodríguez, os dous novos xogadores arxentinos, compañeiros na selección albiceleste, e que forman parte do persoal do Santiago Futsal para esta tempada.

O presidente do club, Ramón García, deu a benvida a ambos os xogadores facendo referencia á procedencia dos xogadores “de nacionalidade arxentina, tan próxima a pesar da distancia”.

Juan ‘El Gallego’ Rodríguez, que xa participou nos amigables disputados polo Santiago Futsal e estreou a súa conta goleadora na pretemporada, destacou que “marcar goles é unha variante do xogo que me gusta moito, pero o gol ponme contento a condición de que o equipo leve a vitoria. Quero achegar goles, pero sempre que sirvan para que o equipo triunfe”.

Pola súa banda, Lucas Bolo, que chegou á capital galega o luns e xa desexa estrearse co equipo, afirmou “espero alcanzar o mellor de min en Santiago. Dixéronme que era o club da loita e creo que me vou a adaptar a iso, a deixar a vida en cada partido e cada adestramento e loitar”.

27 de agosto de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.