‘Los Chepos’, ‘Sin Nombre’ ‘Los Jugones’ e ‘Brasil’ acadan os primeiros postos do VI Campionato de Fútbol 3 x 3 de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Os equipos ‘Los Chepos’, ‘Sin Nombre’ ‘Los Jugones’ e ‘Brasil’ acadaron os primeiros postos, nas súas respectivas categorías (infantil, alevín, benxamín e prebenxamín), na sexta edición do Campionato de Fútbol 3 x 3, organizado polas Escolas Deportivas e área de Xuventude, Deporte e Festexos do Concello de Verín.

Na categoría infantil os seguintes clasificados foron: ‘The Monkey Time’ (2º), ‘Os Cobelleiros’ (3º), ‘Ivori’ (4º), ‘Nerds’ (5º) e ‘La Real Variedad’ (6º). Mentres que na de alevín foron: ‘Sin nombre’ (2º), ‘Recreativo de Juerga’ (3º) e ‘Los Olímpicos’ (4º). No caso da categoría de benxamín a clasificación tamén contou con ‘Los leones’ (2º), ‘Chámalle X’ (3º) e ‘Pin Pan Gol’ (4º). E na de prebenxamín os restantes clasificados foron: ‘Minifantásticos’ (2º), ‘Holanda’ (3º), ‘España’ (4º) e ‘Alemania’ (5º).

Este torneo, no que participaron dezaoito equipos, celebrouse na praza García Barbón de Verín do 05 ao 07 de agosto. Esta iniciativa estivo conformada por catro categorías: prebenxamín (2008-2007-2006), benxamín (2005-2004), alevín (2003-2002) e infantil (2001-2000-1999).

12 de agosto de 2014 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.