Jesús Chagoyen ficha polo Rio Natura Monbus Obradoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un acordo para a contratación de Jesús Chagoyen para a tempada 2014/15. Esta á-pivote de 2,02 metros e 35 anos procede do Iberostar Tenerife (2.9 puntos e 2.6 rebotes en 28 partidos a pasada tempada), onde completou o últimas cinco campañas, as tres primeiras en LEB Ouro e as dúas seguintes na liga Endesa.

Anteriormente, na súa dilatada carreira, tamén vestiu as camisetas do CB Vila de Los Barrios (LEB, 2005-09, onde coincidiu co que volverá ser o seu adestrador, Moncho Fernández), CB Tarragona (LEB), Fórum Valladolid (ACB) e León (ACB e Liga EBA).

“Coas baixas de Richi Guillén, Ben Dewar e Oriol Junyent, o grupo perdeu certa experiencia que Jesús Chagoyen, entre outros xogadores, tennos que achegar. Ademais de exercer de referencia no vestiario, tamén apreciamos a súa polivalencia, intelixencia e corazón. Chega no difícil papel de quinto xogador dunha rotación, polo que a súa misión irá encamiñada a achegar nivel aos adestramentos e estar preparado para cando teña que saltar á cancha”, afirma o director xeral do club, José Luís Mateo.

14 de agosto de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.