Iván Rumbo pecha o equipo do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Iván Rumbo convértese no 9º e última fichaxe do Santiago Futsal. O coruñés, que procede do Cidade de Narón, equipo que milita na 2ªDivisión Nacional, firma co conxunto compostelán por unha tempada. Desde o club agradecen a total colaboración do club Cidade de Narón no traspaso do xogador coruñés. Coa fichaxe de Iván Rumbo, o club dá por pechada o seu persoal de cara á competición da LNFS.

O xogador, xa coñecido por Santi Valladares polo seu paso pola selección galega, conta cunha longa traxectoria no fútbol sala tras xogar no Cidade de Narón durante 5 tempadas (2009-2014) e no Mera F.S. outras 6 tempadas (2003-2009).

O técnico Santi Valladares destaca del que “é un xogador rápido, cun bo 1×1 e intenso en defensa”.

26 de agosto de 2014 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.