Gran variedade de produtos de temporada no noveno Mercado da Verdura no cárcere vello en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Mañá sábado, 30 de agosto, ás 10h abrirá as súas portas no cárcere vello, na rúa Sanz en Tui, o noveno Mercado da Verdura. A iniciativa está organizada polo Concello de Tui, APEGA, Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e o Foro Tude.

Mañá no mercado poderemos atopar gran variedade de produtos ecolóxicos coma berenxenas, calabacín, xudías, pementos, tomates… directamente por parte dos seus produtores.

29 de agosto de 2014 | 18:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.