Gran éxito de público e vendas na oitava edición de Saldomarín
Tras valorar os resultados desta VIII Edición do SALDOMARÍN, podemos afirmar que o balance foi máis que positivo xa que se igualaron os resultados da edición anterior. Durante os tres días do evento, o goteo de xente que visitou a carpa foi continuo sendo fiel reflexo disto as constantes aglomeracións que se viviron no interior da mesma en moitos momentos.
Os prezos atractivos dos distintos artigos que se puxeron á venda, así como as condicións metereolóxicas favorables para gozar do acto de compra, axudaron en gran medida a acadar este éxito de visitantes. Debido a este éxito de público e de vendas, xa temos confirmada a participación da totalidade de expositores na próxima edición, fiel reflexo de que o evento funciona, convertíndose así o SALDOMARÍN, nunha referencia en toda a provincia.
Comentar tamén que houbo peticións, durante o fin de semana, para poder participar na próxima edición de establecementos comerciais que visitaron a carpa e comprobaron in-situ, que o SALDOMARÍN é unha fórmula estupenda de darlle saída aos stocks que se acumulan. Dende a asociación queremos agradecer especialmente a colaboración do Concello, permitíndonos instalar a montaxe da carpa na Alameda o que contribuíu en gran medida ao éxito do evento. Por parte da asociación, respectamos en todo o momento o empedrado, xa que utlizamos un sistema de contrapesos o que evitou unha anclaxe que perxudicaría o pavimento.
Dende Estrela de Marín, agradecemos tamén a colaboración e dilixencia da Policía Local e Nacional que se deixaron ver con frecuencia polas instalacións así como o persoal do Servizo de Limpeza Municipal que mantiveron as inmediacións e o pasillo central da carpa en perfectas condicións. Agradecer tamén o apoio da Xunta de Galicia, a colaboración de La Caixa e á Deputación de Pontevedra que a través do seu Plan Cultural, nós aportase as actividades para os máis cativos, as cales contribuiron a xerar un gran ambiente.











