publicidade hoxe

Gran éxito da “IV Feira de Oportunidades” de Ortigueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

A falta dun exame en profundidade dos resultados obtidos durante a IV Feira de Oportunidades do comercio local, celebrada durante este fin de semana na Alameda, a primeira valoración da Concellaría de Emprego, organizadora da iniciativa con apoio de ACO, foi moi positiva. A afluencia de xente foi numerosa e o nivel de vendas respondeu ás expectativas xerais dos comercios participantes. Ademais, o evento contribuíu a consolidar a imaxe de marca do comercio de Ortigueira.

Desde o departamento municipal apuntan que nas dúas xornadas que durou o evento, o volume de negocio xerado polos 10 expositores participantes roldou os 39.000 euros, o que demostra que, cun bo produto a bo prezo, pódese incentivar o consumo. A iso contribuíu ademais, de maneira decisiva, o sorteo dos 1.000 euros en cheques regalo impulsado polo goberno de Rafael Girón entre os compradores do outlet.

A iniciativa posta en marcha polo concello forma parte da política de promoción comercial activada polo goberno local durante o presente legistatura para dar a coñecer a calidade dos establecementos de Ortigueira e dos seus produtos. Un valor que xa coñecen os veciños e que, grazas á iniciativa, puideron descubrir os centos de visitantes que se achegaron a vivir a “Festa popular do deporte”.

O evento serviu tamén para potenciar a imaxe de marca do comercio de Ortigueira, un reto iniciado coa instalación dos valos promocionais no municipio e a inserción de publicidade, e cuxo obxectivo é singularizar e fidelizar á clientela.

Por último, desde o consistorio quérese felicitar polo seu traballo aos comerciantes que secundaron a iniciativa (Calzados Galofer, Libraría Ramos, Talleres Santiago, Boutique Mari Tere, Xoiaría Maite, Ciclos Cociña, Agasallos Olga, Comercial Senra, Outlet Multimarca e Eixo Atlántico 3000) e confíase en que o bo resultado da mesma anime a máis establecementos a sumarse en futuras edicións.

 

12 de agosto de 2014 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.