Gondomar celebra unha nova edición de Las Tapas del Conde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Gondomar acollerá, os días 14, 15, 16 e 17 de agosto, a segunda edición deLas tapas del Conde; catro xornadas gastronómicas organizadas pola Concellaría de Turismo doConcello de Gondomar, en colaboración coa Comisión de Hostaleiros de Gondomar e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI).

Durante as catro xornadas, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas: pincho mariñeiro, alitas de polo ‘al ajillo’, polbo con gambas, entre outras; en dezaseis establecementos de Gondomar. O prezo por tapa será de dous euros.

A mellor tapa será recoñecida cun premio outorgado polo actual Conde deGondomar. Entre os participantes para recoñecer a mellor tapa deste 2014 sortearase un xamón ibérico Devesa de Extremadura, un lacón Ibérico Devesa de Extremadura e unha caixa de viños (3 botellas Reserva Viña Ardanza+ 3 botellas Alberdi Crianza).

11 de agosto de 2014 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.