Galipizza&Cia renova o patrocinio do Burela Fútbol Sala Pescados Rubén
O Club Deportivo Burela Fútbol sala Pescados Rubén e Galipizza&Cia oficializaron o acordo de patrocinio do equipo feminino da entidade burelense para a tempada 2014/2015. O presidente do club, Manuel Branco, e o xerente de Galipizza&Cia, José Manuel Vázquez referendaron a renovación do patrocinio que supón un gran impulso ao proxecto laranxa como indicou o presidente burelense que destacou “a aposta comprometida que realiza Galipizza&Cia co deporte en xeral e co Burela FS Pescados Rubén, en particular. Agradecemos enormemente a implicación co club que realiza Galipizza&Cia e esta renovación de patrocinio demostra que somos unha entidade que ofrece unha presenza e visibilidade rendible para as empresas”.
Pola súa banda, José Manuel Vázquez declarou que “é unha satisfacción para Galipizza&Cia formar parte do proxecto deportivo do CD Burela FS Pescados Rubén. Creemos que o deporte é unha fonte de valores positivos e asociarnos co Burela Pescados Rubén foi un gran acerto. A nosa imaxe de marca reforzouse co patrocinio do equipo feminino e é un orgullo renovar o acordo unha tempada máis”.
O universo Galipizza&Cia ampliou os seus horizontes este verán, ás sedes de Viveiro, Ribadeo e Culleredo (A Coruña) sumou unha máis na capital galega. Santiago de Compostela e os seus visitantes poderán gozar da Galipizza nun local innovador e inspirador para compartir historias mentres se deleitan co auténtico sabor de Galipizza. Situado na Avda. Liberdade 12-14, en Santa Marta, a Galipizza compostelá ofrece un ambiente teatral e distendido para gozar cunha boa conversación e unha saborosa variedade culinaria para gozar co sabor auténtico de Galicia.











