publicidade hoxe

Frades celebra este sábado a Festa da Auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades celebra a Festa da Auga este sábado 9 de agosto a partir das 16:00 horas na piscina municipal en Papucín. A celebración contará con atraccións como un inchable e un tobogán acuáticos, unha pequena piscina para os máis pequenos e unha lanzadeira de escuma para rematar a festa.

A participación nesta festa é libre e de balde. É a primeira vez que o Concello de Frades celebra a Festa da Auga. Este ano decidiuse facela porque durante o Día do Neno, a mediados do pasado mes de xullo, un fallo no equipo técnico impediu a festa da escuma e acordouse cos seus responsables retomalo co evento desta fin de semana.

6 de agosto de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.