publicidade hoxe

Formalízase o convenio de colaboración entre ABANCA e os Empresarios de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+
Sinatura do convenio

Sinatura do convenio

Na tarde de onte martes, 12 de agosto, asinouse por parte do Secretario da Asociación de Empresarios de Muimenta (José Manuel Rus) un anexo ao convenio marco de colaboración asinado o pasado mes de maio con ABANCA, sendo representada nesta sinatura por Don Óscar Salgado Seijas (Director da Zoa Lugo Oeste) e representantes da oficina da entidade financieira en Muimenta.

No mesmo, mellóranse as condicións para os socios que xa teñen TPV e para todos aqueles que o desexen incorporar ao seu negocio.

O mesmo empezará a ter vixencia o vindeiro luns, primeiro de setembro, pero a partir de hoxe mesmo, todos os socios do colectivo empresarial de Muimenta poderán informarse máis detalladamente na oficina de Abanca en Muimenta, destas condicións ventaxosas que a entidade financieira pon a súa disposición.

Concurso de Tapas

Lembrar igualmente que a IX edición do Concurso de Tapas continúa celebrándose ata o vindeiro sábado 16 de agosto con ata 600,00 euros en premios para todo o público participante. Son un total de 9 locais os que despacharán as súas tapas en horario de 20 a 24 horas.

É organizado pola Asociación de Empresarios de Muimenta, e colaboran Autocares Darriba, El Tesoro, o Concello de Cospeito e a Deputación Provincial de Lugo.

13 de agosto de 2014 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.