Finalizan as obras de conservación e mellora do río Lagares en Vigo
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, vén de executar as obras de conservación e mantemento nun tramo do río Lagares, no lugar de Camiño Sulevada, na parroquia de Cabral, ao seu paso polo Concello de Vigo.
Os traballos de mantemento abarcaron un treito de 80 metros, onde se investiron case 1.000 euros, e enmárcanse no programa de conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa e as súas zonas de acceso e protección. As tarefas centráronse na limpeza e retirada de árbores caídas no leito do río.Con esta actuación, ademais de garantirse unha mellor conservación tanto do propio río como da contorna que o rodea; evítanse os obstáculos que poden provocar situacións de asolagamentos en momentos de crecida do caudal.











