Festas nas parroquias de Castrelo de Miño
Estes vindeiros días terán lugar no Concello de Castrelo de Miño as festas das parroquias de Macendo e Santa Maria.
1.) 14, 15 e 16 de Agosto. FESTAS DE MACENDO. Dentro destas festas, o dia 14 de Agosto celebrarán a VII Festa do Xarrete
2.) 14, 15 e 16 de AGOSTO. FESTAS DE SANTA MARÍA EN CORTIÑAS – XII Festa da Codorniz á brasa. Os tres dias poderanse degustar paspallás á brasa.
O día 16 ás 12:00 da mañá realizarase a tradicional Procesión Fluvial polo encoro de Castrelo de Miño. A saída e chegada terá lugar nas instalacións do Parque Náutico