Ferrol promocionase nas web de viaxes “Rumbo” e “Tripadvisor”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal Portada
A-
A+

A Concellería de Turismo do Concello de Ferrol, que dirixe María del Carmen García Fraga, informou sobre a campaña promocional que se está a realizar durante o mes de agosto a través de internet. As accións de promoción turística se centran en sites web de viaxes como Rumbo, Tripadvisor e as diferentes redes sociais de Turismo Ferrol.

A páxina web de viaxes Rumbo promociona a Marca Ferrol coa proxección do vídeo “Ferrol por sorpresa”, que conta con máis de 30.100 reproducións no canle de FerrolTurismo en youtube. Este site tamén ofrece a comercialización de paquetes turísticos como o da Ruta da Construción Naval que inclúe o aloxamento e unha actividade de turismo activo. Así mesmo, a maior web de viaxes do mundo, TripAdvisor, ofrece un microsite con todo tipo de información sobre Ferrol. Así, a web mostra o folleto de verán de turismo, enlaces ás diferentes redes sociais de turismo e a web www.descubreferrol.es, así como links a paquetes turísticos de Ferrol e comarca. Ademais, a Concellería de Turismo realiza unha campaña de promoción nas redes sociais onde se amosan todos os atractivos turísticos e eventos culturais, deportivos e festivos do xeodestino Ferrolterra.

Outras accións promocionais

Compre lembrar, que Ferrol e a oferta turística singular que a diferenza doutras cidades como destino de visitantes tamén é obxecto dunha reportaxe na revista Ling que se facilita a bordo dos voos da compañía Vueling durante todo o presente mes de agosto. Así mesmo, a revista especializada en turismo familiar “Viajar con Hijos” dedica a portada da edición de verano a Ferrol, cunha reportaxe sobre as actividades turísticas e de ocio para a época estival. Esta revista conta con páxina web, aplicacións para móbiles e edición en español, catalán, inglés, italiano, alemán, francés, ruso e portugués. Ademais, a Concellería de Turismo editou 42.000 folletos informativos -castelán, galego e inglés- coa programación turística e de ocio para os meses de verán.

27 de agosto de 2014 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.