Ferrol abre á veciñanza a historia do Pazo Municipal coa realización de visitas guiadas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, iniciará o vindeiro mes de setembro as visitas guiadas ao Concello de Ferrol dentro do programa “Pensando en VOS”. A proposta dará comezo o mércores 10 de setembro ás 18:00 horas e se repetirá o segundo mércores de cada mes. García Hurtado lembrou que seguen en funcionamento as visitas guiadas ao Teatro Jofre e o Centro Cultural Torrente Ballester (CTB) e que todos os percorridos son de carácter gratuíto.

Este programa permite dar a coñecer o patrimonio cultural á cidadanía a través da apertura de grandes espazos ferroláns e conta co apoio do Plan de Competitividade Turística da Deputación Provincial da Coruña. Esta visita con guía polo Pazo Municipal de Ferrol descorrerá polo Salón de Recepcións, o Gabinete de Alcaldía, a Sala Jorge Juan, a Sala de Alcaldes e o Salón de Plenos. Así, os participantes no percorrido coñecerán a historia e características do edificio así como os fondos pictóricos municipais situados na Casa Consistorial.

Inscrición para as visitas

As persoas interesadas en participar nestas visitas guiadas ao Concello, o Jofre e o CTB, poderán formalizar a súa inscrición chamando ao número de teléfono 981 944 180 ou a través do correo electrónico: cultura@ferrol.es, facilitando o nome, apelidos e número de teléfono.

26 de agosto de 2014 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.