FECIMO convoca un casting para escoller aos modelos adultos que participarán en Amodiña
A Federación de Comerciantes e Industriais do Morrazo celebrará este ano un casting para seleccionar aos modelos masculinos e femininos adultos que desfilarán na terceira edición de AMODIÑA, a Pasarela de Moda do Morrazo, que se celebrará no Paseo Marítimo de Moaña o vindeiro 20 de Setembro.
A pasarela é o evento de moda de referencia no Morrazo e cabe resaltar a boa acollida que tivo entre o público nas edicións anteriores onde milleiros de persoas se achegaron ao Paseo Marítimo de Moaña para coñecer os avances e coleccións das tendas locais.
Selección de modelos adultos
O casting levarase a cabo o xoves 21 de agosto ás 19:30h na planta superior da Praza de Abastos de Moaña e nel seleccionaranse modelos adultos que serán os responsables de presentar as coleccións de moda home e muller, tallas grandes e perruquería na Pasarela Amodiña 2014. A organización disporá dun xurado profesional formado polo director do evento e representantes do mundo da moda.
Os interesados en participar deberán ter una idade comprendida entre os 18 e os 35 anos e unha estatura mínima de 1,70m para as mulleres e 1,80m para os homes. Os candidatos e candidatas deberán ter un mínimo de experiencia en pasarela ou como modelo publicitario de moda, pois se terá en conta á hora da selección.
As bases completas do casting poden consultarse na páxina web de FECIMO www.fecimo.es, ou no facebook de AMODIÑA www.facebook.com/amodiña.
Inscricións
Para asistir ao casting é imprescindible facer a inscrición previa en FECIMO mediante as canles que pon a disposición dos interesados: Teléfono: 986 30 50 00 Email: fecimo@fecimo.es Formulario de contacto da páxina web www.fecimo.es O prazo para inscribirse no casting remata o vindeiro luns 18 de agosto ás 15:00h.
A celebración deste casting é outra das novidades que AMODIÑA presenta na súa terceira edición e que se suma ao I Certame de Novos Deseñadores posto en marcha días atrás. O casting de modelos adultos é independiente do casting infantil que segundo a programación prevista se convocará a primeira semana de setembro.











