Fase final das Copas Galicia masculina e feminina de balonmán
Esta fin de semana celebrarase a fase final das Copas Galicia masculina e feminina. As semifinais disputaranse en diferentes localidades galegas (O Rosal, Lalín, O Porriño e Chapela), mentres que as finais terán lugar o domingo 31 de agosto no Pavillón Municipal de Tui. Copa Galicia masculina.
Os cuartos de final desta competición celebraronse ao longo da semana pasada e houbo algunha sorpresa, coma a eliminación do Academia Octavio. Desta forma, as semifinais serán disputadas polo Mecalia Atlético Novás e Frigoríficos do Morrazo (O Rosal, día 30 ás 19:00 horas), mentres que Teucro e BM Lalín enfrontaranse na segunda semifinal (19:00 horas, Lalín Arena).
Así, os gañadores destes choques terán que enfrontarse o domingo 31 de agosto no Pavillón Municipal de Tui (11:00 horas). O Frigoríficos do Morrazo, único club galego na Asobal, foi o gañador nas últimas edicións (2012 e 2013) e volve a partir coma favorito. Categoría feminina. Aquí non houbo sorpresas e os favoritos avanzaron ata as semifinais.
Mañá venres, ás 20:15, no Pavillón Municipal de Porriño, xogarase a primeira semifinal nun duelo fraticida (Porriño B-Porriño A). A segunda semifinal será entre o SD. Chapela e o Seis Do Nadal, o sábado 30 de agosto (19:00) no Pavillón de Chapela. Os gañadores disputarán a final ao día seguinte en Tui (12:30 horas).











