Exposición “51 páxinas das nosas letras” no Salón García

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A exposición itinerante “51 Páxinas das Nosas Letras” promovida polo Parlamento de Galicia para conmemorar o 50 aniversario do Día das Letras Galegas chega esta tarde ao Salón García, onde poderá visitarse durante todo o mes de agosto. A mostra elaborada pola Real Academia Galega en colaboración coa Consellería de Cultura consta de 51 paneis protagonizados por cada un dos autores aos que se rendeu homenaxe nesta efeméride. A exposición inaugúrase estar tarde nun acto que comezará ás 19:30 horas e que contará coa intervención do alcalde, Tomás Fole; o conselleiro de Cultura, Xeús Vázquez; o vicepreidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices e o presidente da Real Academia, Xesús Alonso Montero.

A exposición está formada por cincuenta e un paneis nos que se rende homenaxe, mediante unha medalla obra de Siro López e Manuel Ferreiro Badía e unha breve biografía, a cada unha das distintas figuras da nosa cultura que foron protagonistas do Día das Letras Galegas desde a súa primeira edición, en 1963, ata o 2013, ano dedicado a Roberto Vidal Bolaño.

Concibida cun fin divulgativo, a mostra está orientada ao público infantil e á comunidade educativa galega, entre a que se pretende espallar o coñecemento da nosa cultura e elevar a súa valoración da mesma exhibíndoa nun dos lugares maior prestixio do noso país: o Parlamento.

1 de agosto de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.