Exponse a nova obra artística do proxecto Vidas Entrecruzadas correspondente ao mes de agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Desde esta mañá o Museo Municipal acolle un novo cadro do proxecto solidario Vidas Entrecruzadas, correspondente ao mes de agosto. Vidas Entrecruzadas, mostra ao longo deste 2014, unha obra do artista Xosé Lois Carreira acompañada dos textos de Iñaki Aranzábal. Os beneficios da venda desta exposición son destinados a organización Médicos Sen Fronteiras.

A obra deste mes de agosto leva por título América, e trátase dun acrílico e óleo táboa de 110 x 80 cm. América é unha viaxe de ida e volta entre dúas personaxes, Hemingway e Vespucio, que surcan as augas do Océano Atlántico; unha odisea homérica entre o Vello e o Novo Mundo. O bisonte, metáfora do escritor americano, é un animal prehistórico actualmente confinado en zonas protexidas de América do Norte e Europa do Leste, e que levou a cabo a mesma viaxe colonizadora do afamado navegante italiano desde Eurasia a América.

13 de agosto de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.