Estrela de Marín pon en marcha a Campaña Estrela na que repartirán 3.000 euros en vales de compra
Cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes, imos poñer en marcha, dende o vindeiro luns día 1 de setembro e ata o 30 de xuño de 2015, a VII Edición da Campaña Estrela. A dinámica da campaña é moi sinxela. Repartiranse 100 tarxetas, con 3 recadros en branco por un lado e cun apartado para os datos do cliente polo outro, a cada establecemento participante.
Nestes recadros, cada establecemento selará (unha única vez en cada tarxeta) no momento de realizar a compra ou o consumo por parte do cliente. Unha vez que o cliente complete a tarxeta cos tres selos e cos seus datos persoais, deberá depositala na urna sita na sede social para poder participar no sorteo. Nesta edición sortearanse 10 vales – compra por importe de 300 €, un cada mes, dende este setembro a xuño de 2015, vales que se poderán canxear en calquera dos establecementos participantes.
Os sorteos efectuaranse os seguintes dias: 30 de setembro, 31 de outubro, 29 de novembro, 31 de decembro, 30 de xaneiro, 27 de febreiro, 31 de marzo, 30 de abril, 29 de maio e 30 de xuño. Os gañadores disporán dun mes para canxear o vale.











