Establécese un dispositivo especial para a Batalla Naval da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña preparou un dispositivo especial con motivo da celebración da Batalla Pirotécnica, prevista para mañá, xoves 14 de agosto, no que participarán ao redor dun centenar de efectivos entre membros da Policía Local, Corpo Nacional de Policía, Bombeiros, Protección Civil e Cruz Vermella.

A Batalla Naval inclúe os fogos artificiais, a partir das 23.00 horas, con DÚAS ZONAS DE DISPARO (na chaira das Escravas e na leira dos Mariño) e os concertos de Rebeldes ás 21.30 horas (antes da sesión pirotécnica) e, despois dos lumes, con Burning, ás 23.30 horas.

O Concello informa de que haberá dous cortes de tráfico: o primeiro, desde o tramo comprendido entre a glorieta das Escravas e Modesta Goicouría, desde as 22.00 horas; e o segundo corte de tráfico, entre a glorieta avenida de Hércules (Casa dos Peixes) até a confluencia coa rúa Cantábrico tamén desde as 22.00 horas. A apertura realizarase de forma paulatina a partir de medianoite, aínda que dependendo da afluencia de tráfico, o corte que afecta as Escravas podería prolongarse durante o evento musical.

Como vías alternativas, a Policía Local recomenda para os residentes en Monte Alto a avenida de Hércules, Curros Enríquez, Hospital e Anxo Rebollo. E Terceira Rolda, Roldas de Nelle e Outeiro, para os residentes na zona de Riazor.

13 de agosto de 2014 | 11:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.