Dous detidos en Pontecesures acusados dun delito de abusos sexuais a unha menor
Dous homes foron detidos na localidade pontevedresa de Pontecesures acusados de senllos delitos de abusos sexuais e agresión e detención ilegal, en grao de tentativa, a unha menor de 10 anos.
Segundo explicaron fontes da investigación, os feitos producíronse sobre as 19,00 horas deste domingo, cando a menor camiñaba por este municipio e a abordaron estes os dous detidos.
Ao verse intimidada polos dous varóns, a nena comezou a berrar, o cal permitiu disuadir os agora arrestados.
Os dous imputados, que responden ás iniciais de F.D.A. e S.T.C., permanecen arrestados e está previsto que pasen a disposición xudicial este martes.