Dez restaurantes de Verín ofertarán menús especiais na IX Feira do Viño de Monterrei
Durante os días 09 e 10 de agosto, no marco da novena edición Feira do Viño de Monterrei, dez restaurantes da comarca de Verín ofertarán a veciños/as e visitantes menús especiais, con prezos que oscilan entre os 12 e 22,5 euros.
Os restaurantes participantes nesta iniciativa gastronómica son Lugano, San Roque, O Augueiro, O Castelo, O Candil, Casa Zapatillas, O Souto das Candeas, Brasil, Casa Manola e Parador de Verín, que elaborarán menús con produtos típicos da comarca, acompañados de augas de Verín e viños da Denominación de Orixe Monterrei. Devanditos menús serán:
Hostal Restaurante Lugano
Primeiro: Ensalada de cogollos con cecina e queixo curado // Chocos á prancha
Segundo: Solombo ibérico recheo // Bacallau gratinado
Sobremesa caseira. Viños da D.O. Monterrei.
Prezo: 20 euros
Hostal Restaurante San Roque
Primeiro: Ensalada de aguacate, granada e langostinos // Ensalada de gambas
Segundo: Solombo de porco ibérico ao Roquefort // Rodaballo á prancha con guarnición de ensalada de bacallau con garavanzos
Sobremesa caseira. Viños da D.O. Monterrei.
Prezo : 18 euros
Hostal Restaurante O Augueiro
Primeiro: Polbo a feira
Segundo: Cordeiro en chuletillas
Sobremesa caseira. Viños da D.O. Monterrei. Augas de Verín. Café
Prezo: 16 euros
Restaurante O Castelo
Primeiro: Zamburiñas en salsa de viño godello
Segundo: Paletilla de cordeiro ao forno con pementos de Oímbra.
Sobremesas variadas. Viños da D.O. Monterrei. Augas de Verín. Café
Prezo: 18 euros
Restaurante O Candil
Primeiro: Empanada de bacallau // Grella de verduras
Segundo: Picaña de vacún á brasa ou á pedra // Rodaballo á grella
Sobremesas variadas. Viños da D.O. Monterrei.
Prezo: 22 euros
O Souto das Candeas
Primeiro: Ensalada variada con queixo de cabra
Segundo: Chocos salteados con verduras
Tiramisú de licor café. Viños da D.O Monterrei.
Prezo: 15 euros
Hostal Restaurante Brasil
Primeiro: Petiscos da casa // Langostinos ao Brasil
Segundo: Chuletón de tenreira galega con patacas de Vilardevós e pementos de Oímbra
Tiramisú caseiro. Viños D.O. Monterrei.
Prezo: 20 euros
Restaurante Casa ManolaPrimeiro: Petiscos da casa // Ensalada Terra e Mar
Segundo: Entrecosto á grella con salsa de cogomelos
Torta de tres chocolates. Viños D.O. Monterrei.
Prezo: 20 euros
Parador de Verín
Aperitivo de benvida.
Primeiro: Empanada galega / Ensalada de tempada con Queixo do Cebreiro
Segundo: Lomo de tenreira á sal de escama / Bacallau asado ao forno
Torta de Monterrei. Viños D.O. Monterrei.
Prezo: 22,50 euros
Restaurante Zapatillas (Menú válido só o domingo 10 de agosto)Primeiro: Paella
Segundo: Xarrete
Sobremesas caseiras. Viños D.O. Monterrei.
Prezo: 12 euros











