Detido un home tras roubar un bolso polo método do tirón en Vigo
Un home foi detido esta madrugada tras roubar o bolso a unha moza polo método do tirón na cidade de Vigo, segundo informaron fontes policiais.
Sobre as 00.20 horas, a central da Policía de Vigo recibiu o aviso do incidente, acontecido na rúa Lepanto e onde se atopaba a vítima, enviando unha patrulla ao lugar.
A moza atopaba camiñando pola rúa Urzáiz, en dirección ao centro da coidade, cando na unión desta vía con Lepanto un home lle roubou o bolso polo método do tirón. Ademais, mentres fuxía, desabrocháronselle os pantalóns e deixounos polo camiño.
Varias testemuñas advertiron, ademais, da presenza dun home correndo cara á autoestrada en roupa interior, resultando ser o autor dos feitos (un home de orixe portuguesa e veciño de Vigo), que foi interceptado a poucos metros e detido polos axentes.











