publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen aos dous supostos autores de roubos en vivendas de Cotobade e Campo Lameiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroCotobadeSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a M.J.J., de 33 anos de idade e a R.J.M., de 50, ambos os veciños de Poio, como supostos autores de  tres delitos de roubo con forza en vivendas, dous deles no municipio de Cotobade e outro no de Campo Lameiro.

As investigacións, que viñan realizando os compoñentes do Posto da Garda Civil de Pontevedra para o esclarecemento dos citados delitos, deron o seu froito no día de onte coa detención dos supostos autores.

O modus operandi consistía en localizar vivendas deshabitadas e tras forzar a porta de entrada apoderábanse de efectos que se atopaban no seu interior.

Os roubos cometéronse os días 23 e 24 do actual mes de agosto e recuperáronse parte dos efectos subtraídos.

Os detidos, que contan con amplos antecedentes policiais, foron conducidos ás dependencias oficiais do referido Posto da Garda Civil onde se instrúen as correspondentes dilixencias para ser posto a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS de Pontevedra.

27 de agosto de 2014 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.