Deteñen ao suposto autor dun furto no interior dun hipermercado de Lalín
A Garda Civil detivo a B.F.M. de 27 anos de idade e veciño da Coruña, como suposto autor dun delito de furto no interior dun hipermercado de Lalín.
Ante as sospeitas dos empregados do establecemento comercial pola actitude dun mozo que se atopaba no interior, procederon a realizar chamada telefónica á Garda Civil.
Poucos instantes despois unha patrulla do Posto Principal da Garda Civil de Lalín preséntase no lugar procedendo á identificación do sospeitoso e nun posterior rexistro a unha mochila que portaba, atopóuselle no seu interior unha cubertería que momentos antes subtraera no establecemento e que estaba valorada en 500 euros.
Por todo iso procedeuse á súa detención e condución ás dependencias oficiais do referido Posto para a instrución das correspondentes dilixencias.
O detido, que conta con amplos antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número DOUS de Lalín, quedando en liberdade con cargos.











