Derrota do Azkar Lugo F.S. no encontro en Zamora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLugo
A-
A+

O Azkar Lugo F.S. caeu derrotado na súa visita a Zamora, no terceiro amigable da pretempada, por 5-1 nun partido no que os dous equipos expuxeron as súas armas sobre a pista.

No inicio do partido o F.S. Zamora foi quen gozou das mellores ocasións, con varios remates no segundo pau, pero que non chegaron a concretar, de feito Óscar Iglesias non tivo moito traballo, xa que todos remates foron no segundo pau e a porta baleira. No minuto 16 o F.S. Zamora logrou inaugurar o marcador, tras un saque de banda. Resultado co que se chegou ao descanso.

Na segunda metade o Azkar Lugo F.S logro tomarlle mellor o pulso ao partido con máis posesión de balón e creando máis ocasións, pero topábase cun Gus moi inspirado e que era complicado de bater, e estrelou tres balóns nos paús. No minuto 23 o cadro local aumentaba a súa renda no marcador 2-0, cunha dualidade. O Azkar Lugo F.S. seguía gozando de ocasións de gol, pero ata o minuto 32 non foi capaz de lograr o gol, obra de Iago Rodríguez. No minuto 37 o F.S. Zamora lograba o 3-1, nun erro defensivo do Azkar Lugo F.S., resultado co que se entraba nun último minuto , co Azkar Lugo F.S. envorcado ao ataque o F.S. Zamora lograba aumentar a súa renda con dous novos goles, poñendo o definitivo 5-1 no marcador.

Ficha técnica:

F.S. Zamora 5: Gus; Sergio Simón, Jorge Velasco, Serginho e Javi Cala, -cinco inicial-, Adrián Morais, Alejandro Gómez, Lescu, Yamashita, Anxo Casado, Rubén Cala e Víctor Prado.

Azkar Lugo F.S. 1: Óscar Iglesias; Mimi, Diego Núñez, Iago Rodríguez e Antonio Diz, -cinco iniciais-, Nacho Pedraza, Javi Río, Cospe, Rubén Mouriz, Costoya, Alex Diz e Illi.

Árbitros: Félix Velasco e Iván Moreno (colexio segoviano).

Incidencias: Partido disputado no Pabellón Anxo Neto de Zamora ante aproximadamente 200 afeccionados.

Goles: 1-0 min. 4 Serginho, 2-0 min. 23 Jorge Velasco, 2-1 min.32 Iago Rodríguez, 3-1 min. 37 Anxo Casado, 4-1 min. 40 Jorge Velasco e 5-1 min.40 Víctor Prado.

30 de agosto de 2014 | 22:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.