Debut oficial do proxecto 3.0 de Modesto Augusto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Rosal
A-
A+

Mañá xoves ás 20:30, debut oficial do proxecto 3.0 de Modesto Augusto, correspondente aos oitavos de final da Copa Galicia

Os encargados de medir ao equipo do Rosal será o Lavadores dun vello coñecido, Lora, xogador vigués que marcou época no noso club, e que se atopan en pleno proceso de reconstrución debido ás numerosas baixas sufridas durante este verán.

O Acanor, que apenas sufriu un par de retoques na confección do persoal, iniciou onte unha pretemporada, que non terá descanso até domingo, xa que os xogadores, incluídos o do filial que onte se adestraron, están citados para o venres e sábado de xornada matutina.

O resto de encontros confirmados para esta pretemporada son o día 23 e 24, no Trofeo Concello do Rosal, no cal nos veremos as caras co Boavista FC o venres, e o 6 de Setembro no I Trofeo Concello de Tomiño, ao cal fomos convidados xunto á S.D. Teucro. 

Aínda non está a axenda pechada, pero estase a expensas do que vaia sucedendo no torneo autonómico. En caso de dobregar ao cadro olivico, o seguinte rival sería o vencedor do derbi entre S.A.R. e un Chapela moi renovado, e que fixo un equipo para volver rápido á División de Prata.

Ademais do inicio da pretemporada, foi unha semana con novidades

Na xornada do martes o club, por mor dunha colaboración de Informática Jaime, presentaba a nova web. Situada no portal atleticonovas.com, espera dar maior difusión e seguir co proceso de modernización da entidade rosaleira. Trátase dun espazo sinxelo e intuitivo, que irá evolucionando na medida do posible.

E onte mércores, saía á luz a campaña de socios para a tempada 2014/2015. Como novidade, introdúcense os carnés sub-25 e parado, ambos a 30 euros.A directiva espera unha resposta positiva, unha vez máis, por parte da afección. Os que desexen darse de alta poden facelo através da web, no pavillón ou nos establecementos: Informática Jaime, Comercial Erredos ou Carnicería Florentiña.

Tamén segue con bo ritmo a venda de tickets para a segunda edición da Xuntanza Acanor Novás. Xa son 300 os que non se perderán a cea, que estará precedida dun encontro entre veteranos de Novás e do club veciño Atlético Guardés, no que rememorarán a rivalidade vivida na mítica pista de Novás.

13 de agosto de 2014 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.