Das 2.759 probas de drogas realizadas por Tráfico na provincia de Pontevedra, 165 resultaron positivas
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizou desde a tarde do venres, día 1, á tarde do domingo, día 3, 2.759 probas de drogas na provincia, das que 165 deron resultado positivo.
Das 165 positivas, en 22 instruíronse dilixencias penais, levándose a cabo 105 controis de alcol/drogas en distintos municipios da provincia como Lalín, Cangas, Baiona, Tomiño, Sanxenxo, Vilagarcía, Pontevedra e Cambados.
Tamén cabe resaltar que se instruíron dilixencias por carencia de permiso de conducir a unha persoa que perdera os puntos asignados en tres ocasións.
Así mesmo, no día de onte, no P.K. 9’000 da estrada PO-550 (Vilagarcía-Cambados), compoñentes do Destacamento da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra procederon a ordenar a parada ao condutor do turismo marca PEUGEOT, facendo este caso omiso, acelerando a marcha e iniciando a fuxida a gran velocidade.
Despois de circular por distintas vías e rúas da localidade de Cambados, nalgunha delas en sentido contrario ao establecido, pondo en perigo aos demais usuarios, chegando a chocar por raspado con outro vehículo, é interceptado nunha rúa sen saída, onde se resistiu a ser detido causando lesións leves a un dos compoñentes da patrulla.
Unha vez realizada a proba de alcol/drogas, deu resultado positivo en ambas, procedéndose á súa detención por tres delitos contra a seguridade viaria (carecer de permiso de conducir pola perda total de puntos, conducir baixo os efectos de alcol e drogas e conducir con manifesto desprezo pola vida dos demais), delito de atentado e desobediencia a axentes de autoridade, de lesións e de danos.
O detido, que carece de antecedentes, será posto a disposición do Xulgado de Instrución número UN de Cambados.
No mesmo día de onte no Km 141 da AP-9, termo municipal de Vilaboa, é interceptado o vehículo marca MERCEDES 220 que circulaba en sentido Tui, utilizando os carrís de sentido A Coruña, facéndoo desde o km 137’600 até o 141, cruzándose con numerosos vehículo sen chegar a chocar con ningún deles.
Por todo iso compoñentes do referido Subsector procederon á imputación do condutor, E.V.C., de 80 anos de idade, o cal terá que presentarse ante o Xulgado de Instrución dous de Cangas.











